AVISO LEGAL

Información xeral

O enderezo URL www.psn.es (no sucesivo o sitio web) é un dominio rexistrado e inscrito por PREVISIÓN SANITARIA NACIONAL, PSN, MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS A PRIMA FIJA (no sucesivo, PSN) con domicilio social en MADRID, rúa Villanueva Nº 11 e C.I.F.: V-28230688.

Este sitio web ten carácter informativo e é de uso exclusivamente persoal. O seu obxectivo é facilitar o coñecemento ao público en xeral, e aos seus mutualistas en particular, dos produtos e servizos ofrecidos por PSN e/ou polas empresas do Grupo PSN. O acceso ao sitio web é, en principio, gratuíto, sen prexuízo de que a contratación de produtos ou servizos a través do sitio web estea suxeita a unha contraprestación económica.

O usuario comprométese a non utilizar o sitio web nin a información ofrecida nel para a realización de actividades contrarias á Lei, á moral ou á orde pública, e a respectar as condicións de uso establecidas por PSN, o que implica a aceptación dos termos e das condicións de uso establecidas neste aviso legal.

Os contidos, produtos e servizos incluídos no presente sitio web e calquera outros relacionados ou vinculados a el están dirixidos a usuarios e/ou mutualistas ou potenciais mutualistas con residencia en España.

Propiedade intelectual e industrial

PSN é titular dos dereitos de propiedade intelectual sobre o contido deste sitio web, que inclúe, a modo enunciativo e sen carácter limitativo, software, deseño gráfico, códigos, fontes, textos, imaxes, vídeos, marcas, logotipos ou signos distintivos, e dispón dos permisos necesarios para a súa utilización, ao abeiro do establecido na normativa vixente e aplicable. O acceso e a navegación por parte dos usuarios non supón, en ningún caso, ningunha renuncia, transmisión, licenza nin cesión dos dereitos de propiedade intelectual e industrial que ostenta PSN.

Queda prohibida a modificación, copia, reprodución, descarga, transmisión, distribución ou transformación dos contidos do sitio web sen o consentimento expreso do seu titular. Calquera descarga que se poida producir no terminal do usuario estará debidamente indicada e habilitada, sempre para uso privado. Queda prohibida a reprodución, distribución, comunicación pública, transformación, modificación, cesión e calquera outro acto que non conte coa autorización expresa de PSN.

A lesión por parte de terceiros dos dereitos de propiedade intelectual e industrial ou de calquera outro dereito sobre o contido deste sitio web, titularidade de PSN ou de calquera empresa do Grupo PSN, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

Queda prohibido calquera tipo de transmisión de datos que o usuario poida realizar a este sitio web, que infrinxan os dereitos de propiedade de terceiros e cuxo contido sexa ameazante, difamatorio, obsceno ou pornográfico, así como a transmisión de calquera outro material que constitúa ou incite unha conduta que poida ser considerada unha ofensa penal, polo que PSN e as demais entidades do Grupo PSN non asumirán ningunha responsabilidade derivada destes feitos.

As referencias a marcas comerciais e rexistradas ou a signos distintivos, xa sexan titularidade de PSN ou de terceiras empresas, levan implícitas a prohibición sobre o seu uso sen o consentimento de PSN ou dos seus lexítimos propietarios. O acceso ou o uso do sitio web e/ou dos seus contidos non lle confiren en ningún momento ao usuario, salvo manifestación expresa, ningún dereito sobre as marcas, logotipos e/ou signos distintivos incluídos nel. Toda a información contida nesta web, o seu deseño gráfico e o código de linguaxe HTML, CSS, JAVA, JAVA Script ou Active X constitúe unha obra cuxa propiedade intelectual pertence a PSN ou ás empresas do Grupo PSN e está protexida pola Lei de propiedade intelectual.

Contido web e ligazóns

A información contida neste sitio web pode non ser correcta. Por este motivo, PSN non se fai responsable de ningún dano nin perda directa ou indirecta que poida ocasionar a exactitude, integridade ou veracidade da devandita información, así como tampouco do uso por terceiros do contido deste sitio web nin dos posibles erros no acceso a este, sendo responsabilidade exclusiva da persoa que accede a eles ou os utilice. Ao mesmo tempo, PSN reserva para si o dereito a suspender temporalmente a accesibilidade ao sitio web cando sexa necesario, sen necesidade de aviso previo, para calquera actuación e/ou corrección dos seus contidos e/ou utilidades.

Este sitio web contén ligazóns (links) a páxinas externas e PSN non se fai responsable dos contidos delas. O acceso ás devanditas páxinas será responsabilidade do usuario, quen deberá rexerse polos termos e condicións de uso das páxinas consultadas.

PSN advirte da presenza meramente informativa no seu sitio web de ligazóns (links) a outras páxinas non pertencentes a empresas do Grupo PSN, o que non implica en ningún caso suxestión, invitación, patrocinio, respaldo ou recomendación destas por parte de PSN.

Así mesmo, o establecemento de calquera hiperligazón dende unha páxina web deberase efectuar á páxina principal do sitio web e quedará prohibida a reprodución total ou parcial de todos os servizos contidos no sitio web de PSN.

PSN advirte que o uso que o usuario faga do sitio web e da información que este conteña serán responsabilidade exclusiva súa e non garante que no acceso a outros sitios web a través de ligazóns (links) poida visualizar información que fira a súa sensibilidade ou lle provoque danos.

Responsabilidade

PSN non será responsable dos posibles danos ou perdas que poidan derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivados por causas alleas a PSN ou ás empresas do Grupo, nin dos retrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas de liñas telefónicas ou por sobrecargas na Intranet de PSN, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos, nin tampouco dos danos que poidan ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control de PSN.

PSN queda exenta de toda responsabilidade derivada do intercambio de información entre usuarios a través dos seus sitios web. A responsabilidade das manifestacións difundidas nos seus sitios web corresponderalle a quen as realice.

Redes sociais

Mediante os accesos directos ás redes sociais, PSN pon á disposición do usuario toda aquela información corporativa, comercial ou relacionada con eventos nos que PSN e as empresas do Grupo participen. O fin último é poder estar presentes en todos aqueles foros nos que a actividade e os servizos de PSN e das empresas do Grupo PSN poidan proporcionar solución e visión con valor engadido ás inquedanzas dos internautas interesados nos servizos ofertados por PSN, establecendo así novas formas de comunicación co seu público obxectivo.

PSN queda exenta de toda responsabilidade relacionada coas opinións e/ou cos comentarios vertidos polos usuarios nas redes sociais nas que PSN dispón de espazos propios e que vulneren ou poidan vulnerar dereitos de terceiros, pois non están baixo o control directo de PSN.

Así mesmo, PSN declina toda responsabilidade polo contido de calquera foro ou debate no ciberespazo (chat), nos boletíns ou en calquera tipo de transmisión que estea vinculada a este sitio web e cooperará, se é requirido por orde xudicial ou polas autoridades pertinentes, na identificación das persoas responsables daqueles contidos que violen a lei.

Así mesmo, PSN non se fai responsable dos comentarios, opinións ou informacións que os empregados e/ou colaboradores das empresas do grupo vertan nas redes sociais ou noutros medios e que non fosen previamente autorizadas ou recoñecidas pola entidade.

PSN queda exenta de toda responsabilidade derivada do intercambio de información entre usuarios a través dos seus sitios web. A responsabilidade das manifestacións difundidas corresponderalle a quen as realice.

Conforme as normas establecidas nas diferentes redes sociais e na lexislación vixente, PSN reserva para si o dereito de moderar ou de retirar aqueles comentarios que poidan resultar inxuriosos, falsos ou que danen a imaxe corporativa, ben polo medios establecidos polas diferentes redes sociais ou ben solicitándolles aos titulares destes a súa retirada. Así mesmo, PSN reserva para si a capacidade de emprender as accións oportunas, incluídas as xudiciais, para salvagardar a súa integridade, a súa imaxe e a confianza dos usuarios na entidade e nos seus servizos e produtos.

Clube PSN

As condicións legais e os avisos legais correspondentes a este servizo recóllense na páxina web do Clube. De acordo coa lexislación vixente en materia de protección de datos, Previsión Sanitaria Nacional pon en coñecemento dos usuarios que o tratamento dos seus datos será realizado por VIP District, S.L. , conforme o contrato de prestación de servizos profesionais vixente entre as partes.

Modificación dos termos e condicións de uso

As presentes condicións xerais e as particulares que eventualmente se poidan establecer, e coa redacción que presenten en cada momento, teñen unha duración indefinida e permanecerán en vigor mentres o sitio web continúe activo. En calquera caso, PSN reserva para si o dereito unilateral de modificar as condicións de acceso a estas, así como o seu contido. Polo tanto, será responsabilidade do usuario observar en todo momento o seu contido e o cumprimento deste.

Lexislación e xurisdición aplicables

As partes acordan expresamente que para calquera cuestión, disputa ou controversia que poida xurdir sobre as presentes condicións de uso, contidos, actividades comerciais, produtos e servizos será de aplicación a lexislación española, e conveñen expresamente o seu sometemento á exclusiva xurisdición dos Tribunais de Madrid.

 

Precisas axuda?