Previsión Sanitaria Nacional, PSN, Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija (no sucesivo, PSN), ou AMIC Seguros Generales S.A.U. (no sucesivo, AMIC), segundo corresponda en función dos seguros contratados, con domicilio en Madrid, calle Génova, nº 26, 28004. con teléfonos 902.100.062 e 91.061.67.90 e con enderezo electrónico informacion@grupopsn.es.
O Delegado de Protección de Datos é Previsión Sanitaria, Servicios y Consultoría, S.L.U., con domicilio en Madrid, calle Génova, nº 26, 28004, teléfono 914.311.244 e enderezo electrónico protecciondedatos@grupopsn.es
En PSN e en AMIC tratamos a información que nos facilita o interesado coa finalidade de xestionar a relación comercial e prestarlle servizos profesionais de comercialización de produtos de Seguros e/ou plans de pensións, facilitarlle información precontractual ou para a execución do contrato e dos servizos accesorios a este.
Os datos persoais conservaranse mentres a persoa interesada manteña unha relación contractual con PSN e/ou AMIC e non solicite a súa supresión e, en calquera caso, durante o período que resulte necesario para a formulación, o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións, coa finalidade de cumprir coas obrigas de conservación e custodia, conforme a lexislación vixente.
O fundamento legal para o tratamento dos seus datos persoais radica no consentimento do interesado cando se proceda á solicitude de orzamentos ou de información sobre os nosos produtos e servizos profesionais e, se é o caso, na execución do contrato.
Os datos serán tratados por PSN Asesoramiento y Gestión del Riesgo SAU e se nos deu o seu consentimento, os datos facilitados serán comunicados ás empresas do Grupo PSN coa finalidade de remitirlle información comercial por calquera medio, incluídos os medios electrónicos, sobre as actividades, os servizos e os produtos que ofrecen as empresas do Grupo PSN, cuxa composición pode consultar no enderezo: www.psn.es/gal/empresas-psn.
Gardarase estrita confidencialidade respecto de todos os documentos e informacións ás que Grupo PSN tivese acceso no seo desta relación.
Os interesados poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos dirixíndose por escrito a PSN, indicando o dereito a exercer e achegando copia do DNI a través do seguinte enderezo postal: calle Génova, nº 26, 28004, Madrid, ou a través do enderezo informacion@grupopsn.es
Os interesados teñen dereito a reclamar perante a Autoridade de Control e a solicitar a tutela dos dereitos que non fosen debidamente atendidos á Axencia Española de Protección de Datos a través da sede electrónica do seu portal web (www.agpd.es), ou mediante un escrito dirixido ao seu enderezo postal (C/Jorge Juan, 6, 28001-Madrid).
Unha cookie é un pequeno ficheiro que se descarga no ordenador, tablet ou smartphone do usuario, coa finalidade de almacenar datos e información que poderán ser actualizados e recuperados pola entidade responsable da súa instalación.
Se desexa obter máis información pode ler a nosa Política de cookies
O usuario garante ser maior de idade e con capacidade suficiente. O usuario garante que a información facilitada é exacta e veraz, e comprométese a informar a PSN de calquera modificación que sufra a información que lle foi solicitada. Para iso deberá enviar un correo electrónico ao enderezo mutualista@grupopsn.es, no que se terá que identificar como usuario do sitio web e concretar os datos que foron modificados.
No suposto de que, na execución dos servizos, lle sexan facilitados a PSN datos de carácter persoal de terceiros, o usuario garante que está facultado lexitimamente para facilitar os devanditos datos e que procedeu a informar o interesado da cesión dos seus datos e a solicitar o seu consentimento, responsabilizándose do incumprimento destas obrigas.