En PSN ofrecémoslle un dos seguros de Fogar máis completos do mercado co apoio de MAPFRE, a aseguradora de referencia do mercado español.
Que cobre este seguro?
A súa familia e vostede: o concepto máis amplo de asegurado.
Todo risco accidental. Inclúa esta garantía para protexer o seu mobiliario
Roubo, furto e apropiación indebida. Dentro e fóra da vivenda. Quedan cubertos roupa, efectos persoais, diñeiro en efectivo, así como o uso fraudulento de tarxetas.
Responsabilidade civil: Imaxine que unha billa avariada da vivenda inunda o piso inferior.
A súa mascota, un máis da familia. Sempre que a cobertura de Responsabilidade civil estea contratada, estará cuberto ante posibles danos causados a terceiros.
Reparación de electrodomésticos de gama branca
Asistencia familiar
Incendio: Cubrimos os danos incluso cando proveñan do exterior da vivenda.
Danos eléctricos sen límites
Asistencia informática. Recuperación de datos, copia de seguridade, tres anos de antivirus gratuíto (ata en 5 equipos)
Fugas sen danos. Localización e reparación da avaría, sen límites.
Modalidades
PSN Fogar ofrécelle tres modalidades de seguro que se adaptan a cada tipo de vivenda e a cada persoa.
Fogar Ti Elixes: Tanto se é propietario como inquilino, ofrecémoslle as mellores garantías para protexer o seu patrimonio cunha prima máis baixa que cobre os danos máis importantes.
Fogar Familia: Orientado a persoas que buscan un produto máis completo e con máximas prestacións a un prezo axustado. Contempla prestacións importantes como Responsabilidade civil e inclúe garantías complementarias como os danos de orixe eléctrica.
Fogar Platino: O produto máis completo do mercado. Un seguro orientado a aquelas persoas que buscan o máximo nivel de cobertura para a súa vivenda e os seus bens./li>
Warning: call_user_func_array() expects parameter 1 to be a valid callback, function 'for_product_filter' not found or invalid function name in /var/www/vhosts/psn.es/httpdocs/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286