Produto comercializado por Agencia PSN Asesoramiento y Gestión del Riesgo S.A.U.
Que é R.C Pro Socio-Sanitaria?
É un seguro integral de responsabilidade civil profesional, dirixido a profesionais socio-sanitarios que realicen a súa actividade no ámbito da sanidade privada, pública ou mixta e cuxo obxectivo é acompañar e dar protección total ao asegurado na súa vida profesional. Trátase dun produto completo que protexe o patrimonio do asegurado fronte a calquera reclamación xurdida durante o desenvolvemento da súa actividade profesional. A contratación dun seguro de responsabilidade civil é necesaria para todos os profesionais e as súas sociedades, que exerzan a actividade socio-sanitaria.
¿Por qué contratar este seguro?
  • Protexe o teu patrimonio persoal e/ou o da túa empresa e pon en mans de especialistas a defensa fronte ás reclamacións derivadas do exercicio profesional. Humanizamos o seguro de responsabilidade civil profesional co fin de evitar no posible os procedementos xudiciais.
  • Ofrece máxima flexibilidade, xa que poderás elixir as coberturas e os límites que mellor se adapten ás túas necesidades e ter unha póliza feita á túa medida.
  • Ofrece a solvencia do Grupo PSN, ademais dun servizo especializado no teu colectivo.
Que cobre este seguro?

Coberturas principais*

  • Retroactividade ilimitada.
  • Responsabilidade civil profesional con amplas garantías dentro desta cobertura.
  • Responsabilidade civil de explotación e locativa.
  • Responsabilidade civil patronal.
  • Danos a expedientes e documentos.
  • Responsabilidade civil por L.O.P.D.
  • Servizo gratuíto de orientación sobre normativa de L.O.P.D.
  • Subsidio por inhabilitación temporal profesional.
  • Defensa xurídica e prestación de fianzas.

*Consultar coberturas adicionais en función da actividade profesional.

Máis información

Coberturas complementarias

  • Paquete xurídico ampliado.
  • Ampliación do límite en RC por L.O.P.D.
  • Devolución de honorarios.
  • Responsabilidade civil de propietario de instalacións radioactivas.**

*En función da actividade profesional.

Cal é a delimitación temporal do seguro?

Este seguro aplica a cláusula “Claims made”, de retroactividade ilimitada para os sinistros non coñecidos polo asegurado.

Ademais, para os danos acaecidos durante o período de vixencia do seguro e non coñecidos polo asegurado ao termo deste último, a póliza outorga cobertura ás reclamacións presentadas ata 12 meses despois de concluído o seguro.

Cal é a delimitación xeográfica do seguro?

A cobertura para a responsabilidade civil profesional comprende os actos realizados en calquera país do mundo, agás EUA, Canadá e territorios asociados, sempre que a reclamación se efectúe perante tribunais españois e baixo a lexislación española. Ampliarase a todo o mundo sen excepción territorial cando se trate da participación do asegurado en seminarios, congresos ou simposios, así como en actos derivados do deber de socorro e da prestación de axuda humanitaria.

Ocultar información
Solicita agora información á túa medida
1. Que actividade sanitaria e especialidade realizas?
2. Cal é a tipoloxía da devandita actividade?

Pública


Privada


Mixta
3. Que capital desexas contratar?

Todos os campos son obrigatorios.
Asesoramento personalizado
Chámanos sen compromiso ao :
910 616 790
Chatea cun axente
( De L a X de 09:00h a 17:30h e V de 08:00h a 13:30h )

Warning: call_user_func_array() expects parameter 1 to be a valid callback, function 'for_product_filter' not found or invalid function name in /var/www/vhosts/psn.es/httpdocs/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286
Precisas axuda?