Os plans de pensións definen o dereito das persoas, a cuxo favor se constitúen, a percibir prestacións económicas por xubilación, supervivencia, incapacidade permanente, dependencia e falecemento.
Excepcionalmente, os dereitos consolidados nos plans de pensións poderanse facer efectivos total ou parcialmente nos supostos de enfermidade grave ou desemprego de longa duración, sempre que o contemplen expresamente as especificacións do plan de pensións e coas condicións e limitacións que estas establezan.
Para os máis prudentes, con moi pouco risco e grande estabilidade, inviste o 100 % en renda fixa, tanto pública como privada, nacional e internacional:
Para os que busquen estabilidade, pero estean dispostos a asumir algún risco na procura de retornos. Como máximo o 25 % do fondo estará investido en títulos de renda fixa:
Para aqueles que non desexen correr grandes riscos e busquen estabilidade, inviste nun máximo dun 25 % en renda variable e o resto poderá ser investido en renda fixa:
Para aqueles que busquen máis rendibilidade e para iso estean dispostos a asumir máis riscos. Inviste a totalidade dos investimentos en renda variable:
Tamén che poderían interesar os seguintes plans de pensións: