É un seguro de accidentes dirixido a profesionais universitarios que teñan ata 65 anos. Ofrece coberturas específicas para as profesións sanitarias.
Por que contratar este seguro?
É un seguro flexible e adaptable ás túas necesidades.
Ofréceche máximas facilidades, xa que poderás fraccionar o pagamento e elixir as coberturas que mellor se adapten ás túas necesidades.
Cobrarás unha indemnización diaria en caso de hospitalización por accidente.
Que cobre este seguro?
Coberturas principais
Falecemento por accidente.
Coberturas complementarias
Falecemento por accidente de circulación, infarto do miocardio ou accidente cerebrovascular.
Falecemento de cónxuxes nun accidente de tráfico con fillos menores de dezaoito anos ou incapacitados.
Cirurxía plástica reparadora por accidente.
Incapacidade permanente e absoluta por accidente.
Incapacidade laboral total temporal: aboarémosche a cantidade diaria acordada.
Hospitalización por accidente: aboarémosche a cantidade diaria acordada.
Cobertura especial para sanitarios por contaxio profesional do VIH e da hepatite B, C e D.
Máis información
Ata cando che ofrece cobertura?
Ata cando ti decidas.
Como vas investir no teu seguro?
Realizarás un pagamento anual con posibilidade de fraccionar as primas.
Como recibes ou reciben os teus familiares as prestacións?
Aboámosche o capital pactado en todas as coberturas. Nos casos de hospitalización por accidente e/ou de incapacidade laboral total temporal por accidente aboarémosche a cantidade diaria acordada.
Warning: call_user_func_array() expects parameter 1 to be a valid callback, function 'for_product_filter' not found or invalid function name in /var/www/vhosts/psn.es/httpdocs/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286